— Clases de baile para gozar

Para todos,
sin complexos.

 

En Emocionía poderás practicar diversas disciplinas co obxectivo de desfrutar e aprender. Moverse é a clave para mellorar e manter un equilibrio físico e mental.​ Desfrutemos do baile e do movemento sen complexos.

Baile en línea+country line dance

Nas nosas clases de Baile en Liña, vas aprender a bailar diferentes ritmos como o valse, cha cha chá, samba, bachata, merengue, salsa, country… dun xeito divertido.
Coas nosas clases de Baile en Liña, non só vas aprender a bailar, senón que vas notar como mellora a túa condición física e aumenta a túa flexibilidade, alén de compartir a túa afección polo baile con outras persoas.
NON FAI FALTA PARELLA. O Baile en Liña é unha disciplina que se realiza de forma individual.

Bailes de salón

Goza do baile coa túa parella e sentide o pracer de alcanzar a sintonía e fomentar a confianza entre os dous.
Valse, tango, chachachá, samba, rumba bolero, pasodobre, salsa, merengue, bachata…
Unha maneira perfecta de eliminar o estrés á vez que produce alegría, vitalidade ou se aprende a expresar emocións a través do corpo.

Castañuelas para concerto

Aprender a tocar as castañuelas en grupo, ademais de divertido e unha forma de socializarse nun ambiente agradable, ten beneficios terapéuticos, exercítase a capacidade psicomotriz.
Axuda a desenvolver habilidades cognitivas como a memoria, a atención e a concentración.
A nivel físico traballamos a axilidade nas mans e nos dedos, a súa independencia e forza.

Danza española

En Iniciación á danza española trataremos de introducirnos nalgunhas das formas que engloba esta especialidade.
Traballaremos: colocación corporal. Estilos da danza española. Variacións de pasos para a coordinación de pernas, torso, cabeza e brazos. Variacións de xiros con e sen desprazamento. Técnica de castañuelas, fragmentos de danzas pertencentes ao folclore andaluz e técnica de zapateado.
Cando practicamos esta especialidade, sentimos claramente o control corporal, o equilibrio, a precisión, a procura da perfección dunha forma natural.

Flamenco

O flamenco imprime carácter, ritmo e paixón a quen o practica, desenvolve a creatividade e a musicalidade, mellorando as relacións interpersoais e favorecendo a autoestima da persoa. O baile flamenco pódese aprender e practicar a calquera idade xa que non é necesario contar cunha forma física determinada. Aprenderemos a expresión e carácter propio de cada pau e o estudo dos brazos e movementos das mans, técnica de pés, e control no zapateado, movemento do torso, co previo estudo da postura corporal, fundamental en calquera tipo de danza.
En Emocionía contamos con instalacións, por acústica e chan, ideais para bailar flamenco.

Preparación para baile nupcial

En clases particulares, dunha forma orixinal e divertida axudámosche a preparar o teu baile de voda. Tráenos a túa música favorita, ou buscamos unha coa que preparar unha coreografía.

Sevillanas

As sevillanas son un xénero bailable orixinal de Sevilla, cántanse e bailan segundo a estrutura das seguidillas.
Aprender a bailar sevillanas é unha actividade perfecta para adestrar a concentración, mellorar o equilibrio, os reflexos e a coordinación. Bailalas é moi divertido e créase un clima alegre e distendido nas clases .

— Clases de yoga

Dalle un respiro
á túa mente

O ioga é unha danza entre a respiración e o movemento onde a quietude se equilibra para liberar bloqueos, convertendo cada postura nunha meditación activa. É o momento de escoitar o teu corpo: comprobarás como a práctica regular do ioga mellorará o teu estado físico, mental e emocional.

Hatha ioga

O Hatha Ioga céntrase en crear harmonía entre forzas opostas a través da combinación de posturas físicas, coñecidas como asanas e respiración controlada, é dicir, as pranayama. “HA” significa sol (aspecto enerxético e activo) e “THA” significa lúa (aspecto relaxante e acougado”, esta dualidade simboliza as forzas opostas que buscamos equilibrar na nosa existencia: forza e flexibilidade, actividade e relaxación.

Ioga Restaurativo

É un estilo de ioga suave que utiliza soportes para relaxar profundamente o corpo e a mente. É unha práctica pasiva e acougada que se centra na relaxación profunda e a recuperación física e mental. As posturas adáptanse ao corpo mediante o uso de accesorios como mantas, bolsters, bloques, cintos, cadeiras, coxíns…, permitindo manter os asanas durante varios minutos sen esforzo.

Talleres intensivos e clases particulares.

De calquera das actividades propostas.