Na escola poderás adentrarte en multitude de disciplinas co obxectivo de pasalo ben e de aprender. Non pensamos en exames, nin en festivais ao uso, só en gozar do baile e o movemento sen complexos.
Emocionía nace pola necesidade de transmitir a relación que existe entre o movemento e as emocións, para facer presente o importante que é descubrir que o corpo, que nunca é neutro, é o soporte do noso universo emocional.